O Concello da Estrada adxudica á empresa Copsa as obras de asfaltado

O Concello da Estrada adxudicou esta mañá, en Xunta de Goberno, o contrato para  levar a cabo as obras de asfaltado encadradas no Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) á empresa Copsa, segundo sinalou o alcalde, José López.

 

A empresa presentou unha oferta vantaxosa fronte a outra que incorría en baixa temeraria da que non se aceptou a xustificación. Esta obra pertencente ao Plan de Camiños levarase a cabo mediante a aportación de fondos FEDER, que sufraga a obra, unidos a fondos propios do concello, que se encarga da parte proporcional correspondente ao IVA, por un total de 149.774 euros.

 

Está previsto que as obras, que se enmarcan no plan concellos 2017, comecen ao longo do mes de agosto nas seguintes parroquias: En Ribela, no tramo que une o Lugar de Vilar coa EP-7012; en Cereixo, entre Señoráns e a EP-7016 e entre Viso de Abaixo e tamén a EP-7016; en Nigoi, dende Torreboredo e a EP-7025 e en Lamas, entre Abilleira e a Igrexa.

 

Para o PDR 2018, aínda pendente de adxudicación, están previstas outras catro actuacións coas mesmas condicións de financiamento e cun presuposto de 149.812 euros. Dúas intervencións se desenrolarán en Tabeirós, entre Consolación e Piñoi e no tramo entre a EP-7001 e as Quintas; outra en Nigoi, entre Carballeira e Constenla e a derradeira en Callobre, no tramo que transita entre a N-640 e o Lugar de a Nogueira, cuxa licitación e inicio das obras están previstas para setembro.

 

Estas actuacións unidas ás obras do casco urbano compoñen todos os traballos de asfaltado nos que se vai a traballar na localidade, pero aínda fai falla que a Deputación de Pontevedra resolva o Plan de Concellos 2018, cuxa documentación se remitiu dende o Concello o pasado 4 de abril. Deste xeito, o concello ten conxelados 475.000 euros de fondos propios en dous proxectos destinados ao asfaltado nun contrato conxunto co Plan Concellos 2018 ata que a Deputación non resolva dito plan, explicou López.

 

Con isto “nos están prexudicando” , engadiu o alcalde, que matizou que a época de afrontar as obras é esta, cando as condicións climatolóxicas son favorables.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1