A mala colocación de publicidade pode ocasionar multas de ata 250.000 euros

Con motivo da proliferación de festas que ten lugar ao longo do verán e da moita publicidade que comporta, dende o Concello da Estrada lémbrase aos organizadores de eventos e ás distintas comisións de festas que, a mala colocación de carteis e da dita publicidade, pode carrear multas de ata 250.000 euros.

 

Recordan dende a Xunta, que queda prohibida a colocación de carteis ou publicidade de ningún tipo nas beiras, estradas e marquesiñas, así como no mobiliario que se atopa nas inmediacións destas, especialmente se obstaculizan ou impiden a visibilidade de sinais de tráfico ou elementos indispensables para a salvagarda da seguridade viaria.

 

Advírtese deste xeito de que as autoridades autonómicas van comezar a sancionar este tipo de práctica, considerada como unha infracción moi grave e que conleva sancións de 10.001 aos 250.000 euros; tal como figura na lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia. As persoas organizadoras dos eventos e os membros das comisións de festas correspondentes, serán os responsables da infracción e quen tería que afrontar, en último termo, as  sancións pertinentes.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1