O Concello da Estrada presenta hoxe o Ciclo de cine na rúa

O concelleiro de Cultura do Concello da Estrada, Juan Constenla, presentou hoxe en rolda de prensa o Ciclo de cine na rúa, e confirmou os títulos das películas que se proxectarán os vindeiros 30 e 31 de xullo, así como o 1 e 2 de agosto en distintos puntos do centro urbano.

 

ciclo cine ruaOs filmes proxectados serán Cars 3, o 30 de xullo; Un italiano en Noruega, o 31 de xullo; Ballerina, o 1 de agosto e Piratas do Caribe: A vinganza de Salazar, o 2 de agosto. Cars 3 e Ballerina proxectaranse na Praza do Mercado, mentres que as outras dúas farano na Praza do Concello.

 

Todas as entradas deste ciclo de cine na rúa son de balde e os pases comezarán ás 22:30 horas, independentemente do lugar de proxección dos filmes, explicou Constenla, quen engadiu, ademais, que esta actividade conta cunha gran aceptación por parte dos veciños, polo que se van instalar un mínimo de 150 cadeiras con previsión de acomodar ao público asistente ás sesións.

 

Dende Cultura preténdese fomentar a realización de actividades durante o período estival e “sacar á xente á rúa”, afirmou o concelleiro para, a continuación, amosar a súa esperanza de que a selección de títulos sexa do agrado de todos os asistentes e poidan gozar destes catro días de cine ao aire libre.

 

Como remate, Constenla sinalou que o concello da Estrada “pode vanagloriarse” de ser unha localidade que aínda conta cun cine, visto que nos últimos anos desapareceron moitas salas das vilas.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1