Unidade móbil - Doazón sangue

Os hospitais precisan preto de 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender todas as necesidades dos pacientes, polo que me dirixo a todos vós para participar nesta campaña solidaria. Deste xeito, se tedes entre 18 e 65 anos e pesades máis de 50 quilos podedes sumarvos a esta iniciativa, unha vez que o persoal sanitario da unidade móbil acredite a vosa idoneidade coma doantes.

 

A unidade móbil estará situada na praza do Concello o xoves 23 e o venres 24 de agosto, en horario de 10.0 a 14.00 h e de 16.00 a 21.00 h, e o sábado 25 de agosto, de 10.00 a 15.00h. O persoal sanitario recomenda que ninguén acuda sen almorzar, que se agarden dúas horas despois do xantar antes da doazón e que se informe ao médico da toma de calquera medicamento. Por outra banda, todo o mundo debe ir provisto do seu DNI.

 

A Estrada acadou en 2017 unha taxa de 56 doazóns por cada 1.000 habitantes e o obxectivo é manter a participación dentro das cifras que recomenda a Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por 1.000 habitantes), por iso quero animarvos a participar nesta campaña.

 

Grazas a este xesto solidario, os hospitais que atenden, diariamente, unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transpalantes de órganos e tecidos, conseguirán dar resposta ás moitas persoas que dependen da nosa solidariedade para recuperar a súa saúde.

 

Descargar pdf.

José Carlos López Campos

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1