Cen veciños da Estrada notificados polo Concello para limpar as súas fincas

O Concello da Estrada enviou arredor de cen notificacións a propietarios de fincas, terreos e solares conquistados pola maleza para que procedan á súa limpeza, segundo informou hoxe o concelleiro de Medio Rural, Juan Constenla.

 

maleza1Este ano enviáronse arredor de cen notificacións a diferentes áreas do municipio, tanto no casco urbano como nas parroquias, das que dezasete delas foron remitidas á Consellería de Medio Rural, dado que é a Xunta a que ten a competencia sobre eses terreos ao atoparse fóra do núcleo urbano rural, segundo apuntou o concelleiro.

 

maleza2Este proceso de notificación choca con distintos obstáculos, como que os afectados non recollan os avisos, a dificultade á hora de contactar con herdeiros e propietarios que se atopan ausentes ou residen fóra da localidade, problemas derivados de herdanzas polos que non se sabe a quen pertence a propiedade ou o problema de que determinados solares alberguen algunha edificación no seu interior, feito polo que se tería que pedir unha orde xudicial para poder entrar, e iso dilata o proceso engadiu Constenla.

 

Estas notificacións establecen un prazo de 15 días para realizar a limpeza das parcelas e envíanse por diversos motivos, como queixas dos veciños lindeiros aos que a maleza lles invade a súa parcela ou actuacións por iniciativa do Concello, entidade que insiste en que confía en que os veciños notificados solucionen o problema e desbrocen os seus terreos.

 

maleza3Sen embargo, se isto non ocorre, a administración local ten instrumentos e forma de proceder establecido para tales casos. Primeiramente envíaselles unha segunda notificación aos propietarios. Se isto non funciona, ábrese un expediente e, cando se resolva, pode proceder á execución subsidiaria, na que o Concello realizaría as labores de limpeza do terreo á conta do propietario. Mentres que no caso de que o solar conte cunha edificación, tería que pedir unha orde xudicial para poder realizar a limpeza, pero o concelleiro recalcou que se confía en que a xente o limpe antes de recorrer a os xulgados.

 

Un exemplo de solar abandonado cunha edificación no interior está situado na Calle Marín, onde a maleza invade outras propiedades e proliferan os insectos, pero onde o Concello non pode actuar a menos que conte cunha orde xudicial.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1