Comezan as obras para a creación do novo centro de saúde

Hoxe, 6 de agosto, comezan as obras para a creación do novo centro de saúde do concello da Estrada. A maquinaria afronta, dende esta mañá, a fase inicial do proxecto, que arranca co movemento de terras previo á cimentación.

 

obras novo ambulatorio1A empresa adxudicataria, a unión temporal de empresas Puentes y Calzadas Ogmios-Proyecto, atópase traballando no terreo dende primeiras horas da mañá; momento no que unha escavadora iniciou os labores de movemento de terras dentro da zona previamente balizada.

 

obras novo ambulatorio2Comeza hoxe, polo tanto, a contar o prazo de execución de dezasete meses ata que o centro de saúde estea preparado para abrir as súas portas e dar servizo aos veciños da Estrada. Un proceso que comeza nivelando e preparando o terreo de cara á construción dos cimentos do inmoble.

 

Sobre estes alzarase unha edificación de tres alturas dotado de servizo de urxencias, pediatría, radioloxía, sala de ecografías e recepción na planta baixa; medicina e enfermería xeral no primeiro andar e especialidades médicas tales coma muller, saúde mental, odontoloxía, fisioterapia e rehabilitación, no segundo.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1