Doce empresas pugnan por facerse co contrato de obra de Fernando Conde

Onte a mañá procedeuse á apertura de plicas remitidas ao Concello da Estrada por aquelas empresas que formalizaron a súa candidatura para facerse co contrato de reforma da Avenida de Fernando Conde, segundo informou o alcalde da localidade, José López Campos, que indicou que foron doce as empresas que se presentaron ao proceso.

 

Unha delas quedou excluída do proceso ao non haber presentado a documentación requirida de conformidade aos pregos, mentres que a outras nove se lles pediu documentación que precise a cantidade mínima de persoal atribuído á obra. As compañías contan cun período de tres días para cumprir coa emenda antes de que o proceso de selección siga o seu transcurso cara as mans dos técnicos municipais, que se encargarán de avaliar e elaborar informes, nun período de sete días, sobre cada unha das ofertas presentadas.

 

Este proxecto, enmarcado dentro da Edusi, conta cun orzamento de 695.000 euros a sufragar ao 80 por cento con fondos europeos procedentes da Edusi e o 20 por cento mediante fondos propios do concello.

 

O rexedor local afirmou que se todo marcha segundo está planificado, a parte burocrática dos tres procesos (Avenida de Fernando Conde, Rúa do Cruceiro e xardíns da Alameda) podería estar finalizada para a semana do 21 de setembro para dar paso ao inicio das obras.

 

Sen embargo lembrou que a intervención en Rúa do Cruceiro é a que presenta máis urxencia ao depender dun prazo de execución de tan só dous meses para obter a subvención da Xunta, que sufraga o 30 por cento da obra.

 

López informou ademais de que hoxe tamén comezou a instalación de novo mobiliario, valorado en 90.000 euros procedentes da Consellería de Educación e licitados polo Consorcio Galego de Servizos social e Igualdade, na Escola Infantil, que estará preparada para abrir as súas portas ao longo da primeira quincena de setembro, da que se concretará a data exacta na que se comezará a dar servizo durante os próximos días.

 

É competencia do Concello dar á escola todos os servizos relacionados coas telecomunicacións, tales como internet e telefonía, subministro eléctrico, alarma e servizo de limpeza unha vez que estea instalado o mobiliario.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1