A concelleira de Educación examina as instalacións da Escola Infantil da Estrada

A concelleira de Educación, Amalia Goldar, reuniuse esta mañá coa coordinadora da Escola Infantil Municipal, Vanessa Loureiro García, nas instalacións da Escola Municipal para examinar o proceso de instalación do material. Está previsto que todo estea rematado ao longo desta semana.

 

garderia1Despois desta visita, na que se examinaron as instalacións, a chegada de todo o mobiliario e material, así como a súa colocación e o estado xeral da escola; a concelleira procederá a concertar a reunión solicitada polo partido socialista local, que terá lugar, previsiblemente, entre o xoves e o venres desta semana para atender todas as súas cuestións sobre o centro e o seu funcionamento.

 

garderia2O centro conta con cinco aulas: unha para nenos de 0 a 1 ano, dúas de 1 a 2 anos e dúas de 2 a 3 anos, catro das cales xa se atopan cubertas e existe a posibilidade de abrir a quinta. Tamén posúe servizo de cociña e zonas de soño, onde os nenos poidan durmir, e unha zona cambio, con bañeira incluída.

 

A escola ronda actualmente as 50 prazas ocupadas, segundo aparece recollido na páxina web do Consorcio Galego de Benestar, cuxa matrícula debe formalizarse dentro dos prazos establecidos, xa que non aceptan novas incorporacións fóra das datas previamente dispostas para os procesos de admisión.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1