A Estrada clausura os seus campamentos de verán

A concelleira de Asuntos Sociais, Amalia Goldar e o concelleiro de Deportes, Ismael Pena, presidiron hoxe os respectivos actos de clausura do campamento urbano e do campamento deportivo de verán.

 

campus22018A dirixente de Asuntos Sociais presidiu a cerimonia de clausura do campamento urbano nas instalacións de Coesco, empresa adxudicataria do proxecto, trala entrega de diplomas aos nenos que puideron desfrutar nesta quenda de actividades tales como cociña, saídas á piscina e ao parque, inglés, e diversos obradoiros e actividades de ocio.

 

Un campamento que reuniu a nenos de entre 3 e 12 anos nun horario que abrangue das 7:30 horas, para aqueles que almorzan nas instalacións, ata as 16:00 no caso dos que xantaban alí. Este campamento tivo unha boa acollida por parte da veciñanza, con 106 nenos inscritos en xullo e 65 en agosto que darán paso a outros 19 para a quenda de setembro, tal como explicou a concelleira, co que o Concello está moi contento, rematou.

 

campus12018Por outra banda, o responsable de Deportes presidiu a cerimonia de clausura da quenda de agosto do campamento deportivo, nun acto que consistiu na entrega de diplomas e camisetas aos 97 rapaces inscritos para a quenda de agosto e que tivo lugar na praia fluvial da localidade.

 

Pena fixo entrega da fotografía dos participantes na quenda de xullo aos patrocinadores, Helvetia –que facilita as camisetas- e Pastelería Mimela –que elabora o catering nas acampadas- para agradecerlles a súa implicación desinteresada nesta iniciativa.

 

Durante esta quenda, así como na anterior, os rapaces desfrutaron da práctica de deportes como balonmán, baloncesto, fútbol e fútbol sala, natación, hockey, sendeirismo e outros deportes máis ao aire libre, ademais dunha excursión a Cerceda onde os rapaces participaron nun triatlón na zona deportiva da localidade.

 

Para rematar, Goldar remarcou o esforzo que se fai a través do Concello á hora de sufragar campamentos e o Espazo Concilia para tentar, dese xeito, ter cuberto o servizo de conciliación da vida laboral e familiar durante a tempada estival.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1