O novo curso na Escola Infantil Municipal comeza o luns

O vindeiro luns 3 de setembro comezará o novo curso na Escola Infantil Municipal da Estrada, que conta na actualidade con 109 alumnos matriculados; 14 cativos de entre 0 e 1 anos, 39 de entre 1 e 2 e 56 de entre 2 e 3 anos, segundo explicou hoxe a concelleira de Educación, Amalia Goldar.

 

A concelleira informou tamén de que xa se realizou unha reunión coas familias e se fixou un período de adaptación para que as novas incorporacións non teñan que permanecer a xornada completa no centro.

 

Na reunión mantida hoxe sobre a nova gardería entre Goldar e a Secretaria Xeral do PSOE local, Belén Louzao, acordouse a necesidade de estar en contacto coa escola para poder ofrecer información ás familias, prestar atención aos cumprimentos dos prazos por parte do Consorcio e estudar a posibilidade de unificar o proceso de matriculación das dúas escolas, a pesar de que dependen de administracións diferentes. De tódolos xeitos acordaron fixar unha nova reunión na que tratar o tema e facer un seguimento de forma máis exhaustiva.

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1