A II Andaina Solidaria co Alzhéimer terá dous percorridos

AGADEA Alzhéimer chama a todos os cidadáns a participar neste evento co que se pretende formar unha gran ‘marea verde’ que sirva para visibilizar as demencias, que afectan a preto de 100.000 persoas en Galicia


 A andaina, que partirá ás 19.00 horas da Praza do Concello, está aberta a todos os públicos
 A inscrición remata o 12 de setembro


 O vindeiro 15 de setembro levarase a cabo a II Andaina Solidaria co Alzhéimer ‘Camiños da Memoria’, que se celebrará na Estrada (Pontevedra) a iniciativa da Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer, AGADEA.

O obxectivo desta andaina é formar unha gran ‘marea verde’ que servirá para visibilizar a enfermidade do alzhéimer e apoiar a quen a padece e os seus coidadores e  familiares. Neste sentido, Agadea convida a todos os cidadáns a participar nesta actividade aberta a todas as idades e que partirá as 19.00 horas dende a Praza do Concello da Estrada.
Despois do éxito acadado pola I Andaina Solidaria levada a cabo o ano pasado, Agadea non cesa no seu empeño de facer visible á población as necesidades das preto de 100.000 persoas que padecen demencia na comunidade galega.

Coa idea de que poidan acudir cidadáns de todas as idades, a Andaina contará con dous tramos, un máis curto de 4 quilómetros e outro más longo de 8 quilómetros. A dificultade de ambos é baixa.
Ademais, o programa complétase con diferentes actividades de sensibilización, como a actuación do grupo de música Regatos, e sorteos entre todos os participantes. A inscrición, que remata o vindeiro día 12 de setembro e na que se fará un donativo de 2 euros, pode realizarse no WhatsApp: 647 589 725, presencial en Agadea (Edificio Novo Mercado 1o (16-20.00 h) da Estrada ou online na web www.agadea.org


O programa completo do evento é o seguinte:
 19:00 horas: Convocatoria para a recollida de camisetas.
 19:30 horas: Saída da Andaina Solidaria Praza do Concello de A Estrada.
 20:30 horas: Chegada do primeiro anel.
 Entre as 20:30 e as 22:30 horas: Haberá diferentes actividades de sensibilización e concienciación dirixidas a todos os públicos. A espera será amenizada polo grupo de música Regatos
 22:30 horas: Chegada do segundo anel
 22:45 horas: Haberá un sorteo entre todas as persoas participantes na andaina.
.................................................................................................................................
AGADEA (Asociación Galega de Axuda a Enfermos con Demencia tipo Alzheimer), Asociación sen ánimo de lucro, constituida hai case 25 anos en Santiago de Compostela, en 1994 e cuxa finalidade é dar apoio e información as familias e prestar atención ás personas que sufren algunha demencia neurodexenerativa.
Actualmente agrupa a 160 familias. Dispón de 5 centros de estimulación terapéutica, xestiona un Centro de día e presta atención en Santiago, A Estrada, Vedra,
Boqueixón, Ribeira e Vilar de Calo.
...............................................................................................
Máis información en www.agade.org. Facebook e Twitter

 

INFORMACIÓN TÉCNICA DA ANDAINA:
Día: 15 de setembro de 2018 Hora: 19:00 h.
Saída e chegada: Praza do Concello de A Estrada
Inscrición/Doazóns:
WhatsApp: 647 589 725
Presencial: AGADEA. Edificio Novo Mercado, 1a pranta (16:00-20:00)
 On line en www.agadea.org
Distancia:
Primeiro anel: 4 kilómetros
Segundo anel: 8 kilómetros
Inscrición: 2€
Data límite de inscrición: Mércores 12 de setembro de 2018.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1