Curso de técnicas e procedementos para traballos en altura

OBXECTIVOS

Adquirir os coñecementos básicos necesarios para a realización de traballos (tarefas demantemento, reparación, construción, restauración de edificios ou obras de arte, montaxe deestruturas, limpezas especiais, etc.) en altura ou en profundidade (traballos en estadas, escaleiras,cubertas, postes, torretas, vehículos, plataformas elevadoras, escavacións, pozos, etc.).

A realización da formación correrá a cargo da Fundación Laboral da Construción, contará cun totalde 8 horas presenciais (teórico-prácticas) e dará dereito á obtención do certificado de cortetransversal que acredita para desempeñar estas funcións en empresas de construción,alumeado, montaxe de plataformas, traballos en fachadas, etc.

Esta formación englóbase dentro das actividades formativas máis demandadas actualmentepolas empresas e axústase ao perfil maioritario de persoas en situación de desemprego do nosomunicipio, polo que se pretende que a mesma insira a quen realice o curso no mercado laboral demaneira inmediata.Neste senso, o concello da Estrada ten un acordo de colaboración cunha gran empresa do sector con compromiso de contratación para algunhas das persoas que realicen a formación.

Esta primeira edición do curso está destinada a un máximo de 12 alumnos e ten un custo total por cada un de 134 € dos cales o departamento de emprego asume máis do 70% do custo por persoa,pasando a custar 50 €/alumno.

Os requisitos para poder participar no mesmo son estar empadroado no Concello da Estrada,estar en situación de desemprego ou ser traballador autónomo.

En caso de vacantes, poderíanaceptarse persoas en activo.As persoas interesadas en participar deberán inscribirse a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 986 677 740.

Dado que é unha formación moi demandada respetarase a orde rigorosa de inscrición.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1