Abre o prazo de inscrición para apuntarse á piscina para maiores

Mañá, 13 de setembro, abre o prazo de inscrición para apuntarse á terceira quenda de piscina para maiores no concello da Estrada. Este prazo de inscrición permanecerá aberto ata o venres 21 de setembro.

 

Para poder inscribirse é preciso ter máis de 50 anos, estar empadroado no Concello da Estrada e achegar unha fotocopia do DNI , sempre e cando non se presentara nas quendas anteriores e, de ser o caso, o certificado de discapacidade no departamento de Servizos Sociais, no Rexistro Xeral, ambos en horario de 9:00 a 14:00, ou na Sede Electrónica do Concello.

 

Os interesados en realizar a actividade, cuxo prezo é de 20 euros, poden adquirir o impreso de solicitude nos departamentos antes citados ou  descargala dende a páxina web do Concello.

 

A terceira quenda comezará o 1 de outubro e se estenderá ata o próximo 28 de decembro. Aquelas persoas que se inscriban poderán realizar a actividade unha vez por semana en sesións de 45 minutos dispoñibles en distintos horarios.

 

Poderán elixir entre o luns de 9:45 a 10:30 horas, o mércores de 9:45 a 10:30 ou de 20:00 a 20:45 horas e o venres, entre acudir de 9:00 a 9:45 ou de 9:45 a 10:30 horas.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1