A Galiña Azul recibe a visita do Concello na xornada de portas abertas

O alcalde da Estrada, José López Campos, visitou hoxe, acompañado pola concelleira de Educación, Amalia Goldar, e o concelleiro de Facenda, Alberto Blanco, as instalacións da nova gardaría da Galiña Azul da localidade durante a xornada de portas abertas que ten lugar no centro de 10:00 a 12:00 e de 16:00 a 18:00 horas.
 
 
A raíz da visita, o alcalde celebrou o feito de que A Estrada se librase dunha vez por todas, despios de vinte anos, das listas de espera para poder matricular aos nenos, e que a día de hoxe “por fin, por primeira vez” non haxa lista de espera e tódalas familias poidan ter aos seus nenos matriculados nunha ou noutra gardaría.
 
 
Aínda que o proceso de matrícula xa está pechado para os rapaces que se incorporarán o 16 de outubro, a coordinadora da Escola Infantil Municipal, Vanessa Loureiro García, anima aos pais a que sigan entregando solicitudes de admisión no propio centro para os períodos extraordinarios de novembro e febreiro ata o 30 de novembro, día no que se pecha o prazo para que os nenos poidan entrar á gardaría o 1 de febreiro.
 
 
Entre conversas distendidas con pais e familias que visitaban o lugar nesta xornada de convivencia, López eloxiou a amplitude, luminosidade e calidade das instalacións da escola mentres os nenos paseaban, experimentaban e establecían un primeiro contacto cos xoguetes e instalacións que os acompañarán durante o ano lectivo.
 
 
Trala visita á escola, o persoal do Concello aproveitou a ocasión para ollar o progreso das obras de construción do novo centro de saúde, do que o alcalde asegurou que avanza a bo ritmo, coa primeira placa de cimentación xa terminada, con abundancia de operarios e nunha obra na que lle consta que a empresa concesionaria está a contar con empresarios locais á hora de realizar determinados traballos.
 
 
03 concello
 
05concello
 
 
 
 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1