Aberto o período de inscrición no programa Xuventur

Xa está aberto o período de inscrición para que a mocidade de entre 18 e 30 anos poida participar no programa Xuventur, que se desenvolverá en aloxamentos turísticos de Galicia situados no medio rural en estancias de fin de semana durante o mes de outubro. Entre os obxectivos do programa están a adquisición de competencias e habilidades para fomentar o coñecemento da riqueza natural, o coidado do ambiente, o goce da paisaxe e o contacto coa natureza.
 
 
O programa é gratuíto e inclúe o aloxamento, manutención de principio a fin da estancia e o programa de actividades a realizar, para 18 participantes, para cada estadía en cada un dos programas. O transporte e os aloxamentos corren por conta das persoas participantes no programa.
 
 
O único modo de inscrición é online, para o que é preciso encher un formulario a través deste enlace  e as prazas asignaranse por rigorosa orde de chegada. A confirmación da praza farase por correo electrónico e despois desta confirmación, os participantes contarán con 48 horas para remitir un correo achegando unha fotocopia escaneada do DNI e indicando no asunto o programa no que están inscritos ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
.
Cada solicitante só poderá elixir unha quenda entre os fins de semana do 5 ao 7, do 12 ao 14, do 19 ao 21 e do 26 ao 28 de outubro, e un dos oito programas ofertados, entre desenvolvemento de actividades de ecoturismo na mariña lucense en Ribadeo, Lugo; achegamento ás bases do modelo Lean Startup para o emprendemento, arredor das Fragas do Eume na Capela, A Coruña; actividades de acercamento á intelixencia emocional en Valdoviño, A Coruña; actividades de inmersión no medio rural e natural a través da creatividade en Seoane do Courel, Lugo; desenvolvemento de actividades de ecoturismo pola Costa da Morte en Carnota, A Coruña; desenvolvemento de
actividades de crecemento persoal e goce no medio rural na aldea de Covelo, Pontevedra; desenvolvemento de actividades de inmersión e coñecemento do Parque Natural do Xurés en Limia, Ourense e Actividades de emprendemento no rural e novas tecnoloxías no contorno dos Ancares en Cervantes, Lugo.
 
 
As persoas seleccionadas deberán cumprir as normas de organización interna dos aloxamentos e ter en conta que a roupa e o calzado sexan axeitados para as actividades do programa elixido, xa que en cada un se levarán a cabo actividades propias.
 
 
 
 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1