A EMAE participa na Mostra de Cotomanguelo

Este vindeiro sábado 22 de setembro ás 21.15 h o Grupo de Adultos da Escola Municipal de Artes Escénicas participará na Mostra de Teatro Afeccionado de Cotomanguelo poñendo en escena a obra Ligazón de Valle-Inclán. Un espectáculo de sombras de 60 min de duración no que se mesturan a poesía e o esperpento arredor do mito de Orfeo. A peza está dirixida por Anabell Gago e interpretada polos alumnos Aranza Barreiro, Ánxela Sanmartín, Manolo Varela, Fina Raposo, Dori Carbia, Ana Rivadulla, Rosa López, Sabela Arca, Luis Rivas, Alba Aller e Azucena González.
Vémonos alí!

 

cotomangelo

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1