Presentación da Estrada Micolóxica no Concello

O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, e a presidenta da Asociación Micolóxica da Estrada, Mercedes Nodar, presentaron hoxe o programa da Estrada Micolóxica 2018, baixo a que se organizarán unha serie de charlas e saídas en torno aos cogomelos programadas entre outubro e decembro.

 

micoloxica2018O ciclo dará comezo coa charla “Iniciación á micoloxía”, impartida por Mercedes Nodar o 5 de outubro, e a esta seguiranlle “Xénero Leccinum”, impartida por Jaime Blanco Dios o 19 de outubro; “Da micoloxía á micoterapia” a cargo de José Antonio Loren o 2 de novembro; “Ascomicetos”, por José Castro Marcote o 16 de novembro e unha disertación titulada “Xénero Lepiotas” a cargo de Julián Alonso Diz o 1 de decembro. Todas elas terán lugar na Sala Abanca ás 20:00 horas.

 

As saídas ao monte están programadas para os domingos seguintes ás datas sinaladas, polo que se realizarán o 7 e 21 de outubro, o 4 e 18 de novembro e o 2 de decembro. Os interesados, salvo socios, haberán de inscribirse previamente ás mesmas, que contan cun límite de participación de vinte prazas, no enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. O punto de encontro de cara as saídas localizarase diante do Concello da Estrada ás 10:00 da mañá.

 

Por outra banda, a semana micolóxica se celebrará os días 28, 29 e 30 de novembro; datas nas que os expertos atenderán a todas as persoas que se acheguen a eles con exemplares de cogomelos para ser catalogados.

 

Trala presentación, Constenla brindoulle ao colectivo o apoio do Concello animou á veciñanza a participar nas saídas e actividades que este ten preparadas antes de que Noldar finalizase coas aclaracións de que este ano non haberá concurso de fotografía debido a baixa participación da última edición e de que está prohibido levar cestas para apañar cogomelos, xa que se trata de saídas formativas e non de recollida.

 

cartel micoloxica2018

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1