Satisfacción no Concello da Estrada trala reunión sobre a Edusi

O alcalde da Estrada, José López Campos, amosouse moi satisfeito polo desenvolvemento da reunión celebrada hoxe no Concello, na que estiveron todos os grupos de traballo implicados na Edusi e afirmou que é un honor ser un dos concellos pioneiros na xestión desta iniciativa en España.

 

reunion edusiA Edusi (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado) enmarcase dentro de“A Estrada Social Sostible 2020 (AESS2020), proxecto cofinanciado nun 80 por cento mediante o Programa Operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020”.

 

Na primeira parte da xuntanza puxéronse en común os puntos sobre todas as cuestións sobre as que os diferentes implicados foron traballando ao longo dos últimos meses e introducirlles así o proxecto aos catro novos colectivos incluídos na xuntanza.

 

A estas alturas a Estrada é o único concello de España que pode dicir que a finais de ano vai ter licitado e adxudicado o 60 por cento da Edusi, ademais dunha parte importante xa en execución, como serán a obra dos xardíns da alameda e a da Avenida de Fernando Conde, así como a adxudicación dos proxectos de eficiencia enerxética e xestión de banda ancha, explicou o alcalde.

 

reunion edusi2Tamén posuímos a primeira operación aprobada en Galatea en toda España e vamos a un ritmo extraordinario no que ninguén é capaz de seguir este ritmo de licitacións; o que quere dicir que as cousas se están facendo ben. Sen embargo, quérese introducir un cambio na filosofía e por o foco de atención nas persoas, porque se ben é certo que as obras son importantes e están ao servizo dos veciños, non o son menos as mesmas, polo que se busca un cambio ao contido da estratexia e anticiparnos pensando na realidade social da Estrada.

 

Para acadar este punto pediuse na segunda parte da reunión a implicación destes novos catro colectivos, pero coa vista posta na integración, nun futuro próximo de máis representantes externos, como persoas vinculadas ao mundo educativo e á ensinanza (profesorado e AMPAS) e algún colectivo vinculado á xuventude, posto que a Estrada é un concello punteiro en canto a actividades deportivas, pero fóra deste ámbito non existen alternativas para a xuventude, sobre todo nun arco de idade que abrangue entre os doce e os vinte anos. Neste caso o Concello non posúe unha oferta para este colectivo pero si rexistra moitos problemas, tales como adiccións ás drogas ou aos xogos da man das apostas deportivas, que está comezando a converterse nun problema gravísimo, segundo apuntou López.

 

reunion edusi3O que propomos dende o Concello é centrarnos nestes problemas de realidade social presentes na localidade e abordalos para tentar buscarlles solución a través dos 2,6 millóns de euros que temos pendentes de execución da Edusi e que coinciden cos obxectivos temáticos desta no eixo referido a temática social.

 

Os obxectivos temáticos da Edusi comprenden a parte de TICs, mobilidade inclusiva e sostible, recuperación do patrimonio natural, natureza e cultura e a parte do eixo social, vinculada a dous obxectivos básicos como son a revitalización socioeconómica do rural e as accións de iniciativas sociais dirixidas a colectivos desfavorecidos. Son uns obxectivos o suficientemente amplos como para que se poida abordar unha transformación social e deste xeito aproveitar a Edusi non só para favorecer unha transformación urbana, senón tamén unha transformación da sociedade na que os veciños teñan mellores condicións de vida, sinalou o rexedor local.

 

Para acadar isto se van a crear cinco comisións de traballo nas que haberá, en cada unha, un representante político, un representante dalgún colectivo da sociedade civil e un técnico municipal vinculado con cada un dos obxectivos que se queira acadar. O obxectivo é que a xente poda aportar nova información e novas ideas que levar a cabo no municipio, nas que caben obras, proxectos e servizos á cidadanía, sen ningún tipo de limitación. Esta iniciativa tivo moi boa acollida polas asociacións que participaron na reunión de hoxe e o obxectivo é integrar a algunhas máis, entre as que esperamos algunhas interesadas en materia de revitalización do rural e de posta en valor do patrimonio medioambiental e cultural, finalizou o alcalde.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1