A Estrada estuda a posibilidade de crear un parque canino

O Concello da Estrada estuda a posibilidade de crear un parque canino. Dende o Concello existe constancia de que diferentes colectivos e por diferentes canles solicitan a creación de dito espazo onde poder soltar ás súas mascotas e desfrutar de momentos de ocio con elas nun recinto pechado.

 

Actualmente non existe no casco urbano un lugar que destinar a este proxecto, pero estase barallando a posibilidade de situalo nas inmediacións da zona deportiva ou na parcela de desenvolvemento do proxecto do Lidl, explicou o alcalde da localidade, José López Campos, que indicou que esta segunda opción conta cunha parcela de 1.000 metros cadrados pegada á Baiuca, propiedade do Concello, e equipada con aparcamento e iluminación.

 

Nesa zona sería posible facer un peche perimetral, reforzar a iluminación e incluír elementos de xogo, aclarou, para atender a unha petición que chega por varias vías dende a rúa, distintos colectivos e tamén dende as redes sociais, e coa que os demais grupos políticos están de acordo.

 

Esta é unha concesión que reclama con insistencia gran parte da veciñanza que posúe mascotas á que, por outra banda, se lle pide un maior esforzo á hora de sensibilizarse co resto dos veciños para manter limpas as rúas.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1