Saborea A Estrada chega para abrir boca do 9 ao 20 de outubro

Saborea A Estrada é una iniciativa posta en marcha dende o Concello coa que se pretende pór en valor e fomentar o consumo de produtos locais. Esta acción, que se celebrará entre o 9 e o 20 de outubro, xirará en torno ao Novo Mercado coas pretensións de facer visibles aos pequenos produtores da comarca e de divulgar os valores ambientais, sociais, culturais e nutritivos que supón para os cidadáns e para o medio ambiente o cultivo de proximidade, segundo anunciou hoxe o concelleiro de comercio, Óscar Durán.

 

Para garantir estes obxectivos, o vindeiro 9 de outubro, Xosé Manuel Durán encargarase de realizar unha xornada divulgativa nos colexios Pérez Viondi, de Figueroa e da Nosa Señora de Lourdes, onde lles transmitirá aos nenos a importancia que ten o feito de comer de maneira saudable.

 

O 18 de outubro , a partires das 9:15 horas, os nenos de sexto de primaria dos tres colexios (de entre 11 e 12 anos) elaborarán tres receitas da man do cociñeiro Iván Méndez, baixo o lema Cociña con xente miúda, e de entre as que este elixirá unha pertencente a cada colexio co fin de replicalas e poñelas a disposición do público.

 

Saborea A Estrada é unha aposta polo produto local, por resaltar os sabores naturais e desmarcalos  por riba dos demais, na que se destacarán de forma especial as festas do salmón e da sidra, todo enmarcado co Novo Mercado como telón de fondo, indicou Durán.

 

O 19 de outubro, a partir do mediodía, Tere Rico elaborará tapas doces e salgadas no Novo Mercado para todos os presentes e o 20 de outubro, a partir da mesma hora, Beatriz Soutelo elaborará un prato doce e outro salgado para os asistentes pondo fin ás xornadas divulgativas de Saborea A Estrada.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1