Xa está planificado o proceso de participación na Edusi para a fase de outubro e novembro

O Concello da Estrada xa conta coa planificación do proceso de participación e traballo para a fase de outubro e novembro da Edusi, segundo informou hoxe o alcalde, José López Campos. Este é o primeiro paso para pór en marcha as mesas de traballo coas que obter información útil por parte dos diferentes colectivos e cidadáns que aplicar posteriormente á estratexia.

 

 As comisións están vencelladas á Edusi, unha das estratexias máis potentes de entre as postas en marcha polo concello, que se enmarca na actuación “A Estrada Social Sostible 2020 (AESS2020). Proxecto cofinanciado nun 80 por cento mediante o Programa Operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020”.

 

Actualmente hai contempladas cinco mesas de traballo: TICs; Accesibilidade, mobilidade e desenvolvemento urbano; Posta en valor do patrimonio cultural e natural; Dinamización socioeconómica do rural e Políticas sociais vencelladas a colectivos desfavorecidos.

 

Na derradeira xuntanza sobre o tema acordouse que cada unha das mesas estaría composta por tres persoas: Unha pertencente ao ámbito político, unha do corpo técnico e un representante das asociacións correspondentes. As vindeiras xuntanzas para coordinar actuacións están programadas para o vindeiro martes 9 de outubro e para o xoves 18 do mesmo mes.

 

Tras estas, o martes 23 de outubro haberá unha xuntanza dos grupos de traballo orientada a determinar as mesas de participación pública e ese mesmo día publicarase en internet, tanto a iniciativa como as bases para debater sobre os asuntos relativos a cada mesa. Neste proceso, aberto ao público, tamén se poderá participar deste proceso a través de internet en lugar de facelo de forma presencial.

 

O 12 de novembro será a data na que se pechará o prazo para concorrer nesa participación a través de internet para que, o día 23 dese mes se reúna o grupo de traballo para avaliar todas as propostas a fin de que a comisión estratéxica elixa as ideas que máis se axustan ao proxecto, explicou López.

 

A partir de esta última data comezará a fase de proxectos, que conta cuns orzamentos de 200.000 euros para TICs; 700.000 euros para Accesibilidade, mobilidade e desenvolvemento urbano; 500.000 euros para Posta en valor do patrimonio cultural e natural e 1.150.000 euros para o conxunto de Dinamización socioeconómica do rural e Políticas sociais vencelladas a colectivos desfavorecidos.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1