VIII Memorial Manuel Bergueiro

Esta proba é a segunda carreira puntuable para o VI Circuito “Corre A Estrada Corre”.

 

MANUEL BERGUEIRO 2018b

 

CERORIESGO E REALE SEGUROS, organizan o domingo día 14 de Outubro de 2018 a partir das 11:00 horas, en colaboración ca Concellería de Deportes, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá do Concello da Estrada, Club Deportivo San Paio, CAI A Estrada e Atletismo A Estrada o “VIII Memorial Manuel Bergueiro”.

 

 

A proba estará baixo a supervisión e control de EmeSports. Poderán participar atletas federados e non federados.

 

 

O percorrido da carreira absoluta seguirá un circuito de 3.200 metros aproximadamente, que na proba absoluta terá un total de 9.600 metros. O resto das probas faranse en dous circuitos de 800 metros e de 500 metros.

 

 

Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico o longo do percorrido ademáis de servicio de ambulancia. A praza do Concello será punto de saída e chegada de todas as probas.

 

 

Descargar regulamento

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1