Comezou onte a reforma na rúa do Cruceiro

O proceso de reforma da rúa do Cruceiro comezada onte acometerá na súa primeira fase o levantamento do pavimento e a conexión de saneamento e abastecemento no treito que conecta a Praza de Galicia coa Zona dos Viños, segundo informou o alcalde da Estrada, José López Campos.

 

O prazo de execución para esta obra é dunha quincena; un prazo rebaixado pola empresa ao cargo da reforma, Construcciones Taboada y Ramos, que xa conta cos materiais precisos para a mesma, cuxo abastecemento supuña un dos maiores problemas para a actuación, tal como acontecera na primeira fase da reforma da rúa, explicou o alcalde.

 

Como xa contan coa pedra e as balizas de iluminación, unha vez acabadas as tarefas no primeiro tramo, pasarase ao segundo, onde se interrompeu a primeira actuación da Zona dos Viños, no treito que vai dende o 20 Berzas ata cruceiro.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1