Xa á venda as entradas para o espectáculo de Pepe Viyuela

Xa se poden adquirir a partir de hoxe, no Departamento de Cultura do Concello ou na páxina web www.ticketea.com, as entradas para o espectáculo cómico de Pepe Viyuela que terá lugar o vindeiro día 15 de decembro no Teatro Principal da Estrada, segundo informou hoxe o concelleiro de Cultura, Juan Constenla.

 

encerronaAdemais dos de Luis Piedrahita, Leilía e Roi Casal, o de Viyuela é un dos eventos culturais máis agardados dentro da programación do Outono no Principal 2018, cuxo protagonista é ben coñecido por interpretar papeis en diversas películas e series nacionais, tales como Mortadelo e Filemón ou Aída, entre outras.

 

Non obstante, unha das súas facetas primixenias e á vez máis descoñecida é o seu traballo como actor dentro do mundo do clown. Esta será a Encerrona que o artista porá en escena no Principal. Un espectáculo xestual mediante o cal, só empregando unha cadeira e unha guitarra lle será suficiente para encher o patio de butacas de gargalladas, asegurou Constenla.

 

Por outra banda, o representante de Culturactiva, empresa encargada da organización do eveno, Nacho Fungueiriño, aclarou que o espectáculo supón un compendio dos mellores números desenvolvidos durante os máis de 30 anos de profesión de Pepe Viyuela, no que o seu enorme talento provoca máis de hora e media de risas continuadas.

 

Esta representación que agora chega á Estrada cun prezo de dez euros por entrada, percorreu ata o momento unha ducia de localidades en Galicia, como son A Coruña, Santiago, Vigo ou Ourense, entre outras, polo que será unha boa ocasión para acudir ao teatro e comezar unhas datas tan especiais como son as de Nadal cun sorriso, concluíu o responsable de Cultura.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1