O Principal acolle este sábado un dos mellores espectáculos do ano en España

O Teatro Principal da Estrada contará este sábado ás 21:00 horas coa presenza do último emperador inca, Atahualpa, e do conquistador  de orixe español Francisco Pizarro ao comezo da obra La Zanja. Un encontro acontecido en 1532 no que se produciu un primeiro contacto entre dúas culturas que se mantén vivo ata a actualidade.

 

La Zanja, espectáculo da compañía catalana Titzina Teatre é en opinión da crítica un dos mellores cinco espectáculos do ano en España, unha historia acerca de como as accións dun home sobre outro xeran unha herdanza e unhas consecuencias sobre a colectividade.

 

La Zanja narra a chegada dun técnico dunha multinacional mineira a unha explotación que esta posúe en Sudamérica, onde unha localidade enteira espera a este “novo descubridor”, cuxa chegada producirá novamente un reencontro entre dous mundos e dúas maneiras de entender a vida.

 

Este encontro establece o punto de partida para a inspiración da obra, no que converxen dúas sociedades e culturas distantes entre si, con diferenzas non só no ámbito cotián, senón na maneira de interpretar o mundo, pero como a raíz dun contacto prolongado se van disipando esas diferenzas e comezamos a ver trazos e detalles recoñecibles nesas persoas que criamos diferentes.

 

As entradas pódense adquirir no Departamento de Cultura do Concello a un prezo de 5 euros.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1