Decomisados os catro cans involucrados no ataque de Ribela

Onte foron decomisados, mediante a execución dunha medida cautelar, os catro cans que protagonizaron o ataque a unha veciña da parroquia de Ribela o pasado 12 de agosto. O conxunto estaba formado por un bóxer, dous mestizos e un cruce de american stanford, catalogado como raza potencialmente perigosa, segundo informou o tenente de alcalde da Estrada Juan Constenla.

 

Para asegurarse de que a acción transcorría sen incidentes acudiron ao lugar Garda Civil e Policía Local, en acompañamento do tenente de alcalde; do axente zonal facultativo medioambiental, que lle entregou a orde ao dono dos cans; e do representante da canceira de Meis, onde de seguido se retirarán os animais.

 

Esta recollida efectuouse baixo un acordo da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente na que figuraba a recollida dos once cans rexistrados a nome deste propietario e que, despois dun período de negociación, acabou finalmente entregando aos catro implicados no ataque.

 

Esta mesma consellería multou ao propietario con 4.800 euros o pasado 10 de setembro por ata un total de oito infraccións, entre as que se atopan o propio ataque ou o feito de ter os cans soltos, e agora ábrese un prazo dun mes no que este podería presentar un recurso de reposición tanto para a sanción administrativa como para os animais.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1