Xa están dispoñibles as invitacións para as actuacións de Leilía e Roi Casal

As invitacións para as actuacións de Leilía, que terá lugar o vindeiro 17 de novembro, e Roi Casal, que actuará o 1 de decembro, ambos no Teatro Principal da Estrada, xa se poden recoller no Departamento de Cultura do Concello da localidade. O número máximo de invitacións estará limitado a catro por persoa encargada de recollelas.

 

musigal1Estes son dous dos espectáculos referentes en galego dentro do programa Musigal 2018 da Deputación de Pontevedra, segundo explicou o alcalde da Estrada, José López Campos, na presentación dos eventos celebrada onte na Sala de Xuntas do Concello, na que lembrou que para manter unha axenda cultural de primeiro nivel na Estrada é importante a colaboración coa Deputación.

 

O deputado provincial, Xosé Leal, conveu que o obxectivo das diferentes administracións é complementarse, e neste caso facelo para crear programacións culturais que estean á altura e vaian en beneficio dos galegos e galegas e afirmou que é importante apostar pola música en galego dentro da programación cultural de tódolos concellos.

 

musigal2Ademais engadiu que esta primeira edición do Musigal está sendo un éxito, polo que xa está preparando unha segunda e loou a elección dos artistas. Por unha banda Leilía, unha agrupación de mulleres cunha gran traxectoria como creadoras e protagonistas históricas da nosa cultura, con case 30 anos de carreira musical, e por outro Roi Casal, cun espectáculo conmemorativo á década que que cumpre a súa música tradicional.

 

Estes non son concertos esporádicos, senón que forman parte dun programa que fai un labor importante de dignificación da lingua, rematou Leal antes de dar a palabra a unha das fundadoras e compoñentes de Leilía, Felisa Segade, que corroborou que a agrupación cumprirá 30 anos dentro duns meses e afirmou que esta será un dos derradeiros concertos no que o público vaia a escoitar Consentimento, xa que están a traballar nun novo disco.

 

Roi Casal comezou a súa intervención asegurando que a música en galego avanza a bo ritmo gracias, entre outras cousas, aos pioneiros que recorreron ese camiño tempo atrás, polo que agora a produción xa conta cun recoñecemento previo, aclarou, e lembrou que debido á emigración e aos camiños recorridos por outros artistas que crearon un ecosistema cultural, puido crear Son galego Son cubano, e que esas conexións entre Neira Vilas e Cuba poderanse ver no escenario. Para rematar sinalou que neste concerto no Principal gravaranse algunhas cancións que formarán parte dun disco de directo.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1