Último día para recoller as entradas da campaña de doazón de sangue para Piedrahita

Mañá, xoves, será o último día do que dispoñen as persoas premiadas por participar nas campañas de doazón de sangue para pasar a recoller as súas entradas para o monólogo de Luis Piedrahita. Para retirar as entradas é preciso entregar a papeleta correspondente a un dos números premiados no Departamento de Cultura do Concello da Estrada en horario de 9:00 a 13:00 horas.

 

Os números premiados correspondentes ás papeletas obtidas durante os días das campañas de doazón son os seguintes:premiados

Chegadas as 14:00 horas de mañá, as entradas non retiradas polos premiados poranse á venda no departamento antes nomeado e, se sobran,  na billeteira do teatro o día da función.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1