VII Cross Río Liñares 2018

O Concello da Estrada, organiza o vindeiro domingo día 2 de decembro a partir das 11 horas, o VII Cross Rio Liñares, terceira e derradeira carreira puntuable para o VI Circuito Corre A Estrada Corre.

 

cartel VII CROSS FAMILIA

 

 

A proba celebrarase dentro do recinto da Sociedade Deportiva Rio Ulla, e o seu percorrido pasará por superficies de herba e de terra nunha distancia aproximada na carreira absoluta de 5.000 metros.

 

 

Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en tres circuitos: un de 400 metros (Circuito A) outro de 500 metros (Circuito B) e outro de 1600 metros (Circuito C), todos eles pechados e balizados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados.

 

 

A organización contará coa colaboración dos clubs atléticos do Concello e dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da carreira.

 

 

Descargar regulamento.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1