150 deportistas participarán na III xornada da Liga de salvamento na Estrada

Arredor de 150 deportistas daranse cita na III xornada da Liga de salvamento que se celebrará no concello da Estrada o vindeiro 25 de novembro. A competición terá lugar na piscina situada nas instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), segundo informou hoxe en rolda de prensa o concelleiro de Deportes, Ismael Pena.

 

liga salvamento2018As categorías alevín, infantil e cadete competirán no quenda da mañá, a partires das 10:00 horas, mentres que os participantes pertencentes ás categorías xuvenil, junior, absoluto e máster farano na quenda de tarde, a partires das 16:00 horas.

 

O voceiro do Club de Natación e Salvamento da Estrada (CNS), Álex Porto, subliñou que este ano contan cun maior número de participantes que en pasadas edicións, que este ano se situará en arredor de 150 deportistas.

 

Ademais informou de que dende o club levan un tempo planeando a organización do campionato galego de salvamento acuático na localidade, que resultou imposible desta volta, pero para o que teñen esperanzas postas no vindeiro ano.

 

Porto explicou para concluír que durante o desenvolvemento da xornada da Liga de salvamento sortearase unha cesta de Nadal entre os asistentes e que o recinto contará cunha barra de bebidas a disposición do público.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1