Programación Cultural

O sábado 17 de novembro ás 21.00 horas: Concerto de LEILÍA e o domingo 18 ás 18.00 horas: Festival Lume na Lareira.

 

 a estrada leilia low

LEILÍA, EN CONCERTO

Consentimento

DÍA: Sábado 17
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Concerto de folk tradicional
DURACIÓN: 90 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
LINGUA: Galego
ENTRADA: De balde (retirada previa de invitacións no departamento de Cultura)

 

Enmarcado no programa Musigal da Deputación de Pontevedra, chega á Estrada o quinto traballo de Leilía. Un traballo que rende unha homenaxe a todas as mulleres que colaboraron e colaboran na conservación e tansmisión da tradición oral galega.

Consentimento é un disco con vocación acústica, no que a guitarra, o acordeón, o contrabaixo e a gaita reflicten á perfección a beleza do canto tradicional e os versos de poetisas como Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Mariña Pérez ou Marilar Aleixandre.

O deseño do espectáculo corre por conta de Quico Cadaval, un dos grandes profesionais da escena galega. Sen lugar a dúbidas, un dos mellores traballos discográficos do ano en Galicia.

 

 

 

 lume na lareira

FESTIVAL LUME NA LAREIRA

DÍA: Domingo 18
HORA: 18.00 h
XÉNERO: Festival de música tradicional
DURACIÓN: 150 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
LINGUA: Galego
ENTRADA: 5,00 € (venda anticipada no Dep. de Cultura, no Café bar Invictus e no Mesón da Estrada)

 

Este festival estradense de música tradicional chega este ano á súa décimo primeira edición, unha edición que coma vén sendo habitual reunirá a unha ampla representación de grupos folclóricos, tales como os alumnos da Escola de Poio, Tequexetéldere, Os da Pereiriña ou As da Concertina Ricardo Ferreira de Portugal.

Haberá, ademais, unha colaboración teatral por parte do Padre Xiao, e un peche de festa a cargo da agrupación Lume na Lareira.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1