Os centros educativos e o Concello da Estrada emprenden unha campaña solidaria a favor de Cáritas

Con motivo da programación do musical Naviland, el lugar donde viven los Reyes Magos  no Teatro Principal da Estrada o vindeiro día 2 de decembro, os CEIP e as Escolas infantís da vila, en colaboración coas concellerías de Educación e de Cultura do  Concello da Estrada, a asociación Cáritas Parroquial e a produtora Sketch Eventos, pon en marcha unha campaña solidaria de recollida de xoguetes co título Sorrisos por un xoguete para os nenos estradenses máis desfavorecidos.

 

Este musical, é unha superprodución baseada na historia dos Reis Magos, cunha escenografía de gran formato e a adaptación de coñecidas panxoliñas. Unha obra que incide nos valores de compartir con aqueles que menos teñen, no respecto aos maiores e na necesidade de vivir as festas navideñas en familia, prescindindo de actitudes consumistas.

 

A dita campaña consistirá no sorteo de 50 convites (5 por centro) para asistir a este espectáculo navideño entre todos aqueles nenos que doen un xoguete, en bo estado de uso, á asociación Cáritas Parroquial A Estrada. Os xoguetes serán depositados nos respectivos centros educativos da Estrada e entregados nun acto público, que terá lugar o 29 deste mes, a dita entidade.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1