Programación Cultural

O venres 23 de novembro ás 21.00 horas Contos de medo de Lois Pérez, o sábado 24 ás 20.30 horas o concerto de Sta Cecilia da Banda Municipal da Estrada e o domingo 25 ás 18.30 horas o concerto de Sta Cecilia da Banda Cultural da Estrada.

 

 

contos medoLOIS PÉREZ

Contos de medo

DÍA: Venres 23
HORA: 21.00 h
XÉNERO: Narración oral
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: +12
LINGUA: Galego
ENTRADA: De balde

O narrador oral Lois Pérez centrará a súa contada nas lendas de medo da tradición oral. Nas historias do narrador lugués conflúen a tradición oral, o humor, a poesía e as máis altas e baixas paixóns humanas. Un dos grandes achados da narrativa oral galega dos últimos anos.

 

 

 


banda municipalCONCERTO DE STA CECILIA - BANDA MUNICIPAL DA ESTRADA

DÍA: Sábado 24
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Música clásica e popular
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: De balde (con retirada previa de invitacións)

Coma todos os anos, a Banda Municipal da Estrada, dirixida por Xabier Comesanha, rende homenaxe á súa patroa, nun concerto cun repertorio pedagóxico e heteroxéneo no que se mesturarán obras de carácter sinfónico con outras de estilo popular.

Impresións galegas de Enrique Saavedra ou a 2ª suite de Alfred Ritz son algunhas das obras que soarán no Principal.

 

 

 


 banda culturalCONCERTO DE STA CECILIA - BANDA CULTURAL DA ESTRADA

DÍA: Domingo 25
HORA: 18.30 h
XÉNERO: Bandístico
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: De balde (con retirada previa de invitacións)

Tomando o relevo da Banda Municipal, a Banda Cultural da Estrada, dirixida por Ricardo Oliver, celebra a festividade de Sta Cecilia, nun concerto que reunirá a músicos de distintas xeracións da agrupación e unha selección musical procedente do repertorio clásico e popular.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1