A Estrada bate récord con 896 inscritos na proba de campo a través

A Estrada acollerá este xoves o campionato zonal de campo a través que organiza a Agrupación Deportiva Escolar da Estrada e que nesta edición baterá récord de participación ao contar, ata o momento, con 896 inscritos, segundo informou hoxe no Concello o xefe do Servizo de Deportes da Xunta, Daniel Benavides.

 

campo traves2A proba, que se desenvolverá nas inmediacións da praia fluvial o xoves a partir das 9:45 horas da mañá, confluirán alumnos dos centros educativos de Cuntis, Moraña e A Estrada. CPI Aurelio Martínez Rey por parte de Cuntis, Santa Lucía por parte de Moraña e os IES Número un e Manuel García Barros e colexios Pérez Viondi, de Figueiroa, Cabada Vázquez, de Oca e Nosa Señora de Lourdes, por parte da Estrada.

 

As categorías abranguen dende os cativos da categoría benxamín, correspondente aos nenos de segundo e terceiro de primaria ata os cadetes, de segundo e terceiro da ESO, incluíndo ás categorías intermedias. Como novidade este ano implementaranse as carreiras de benxamíns por aulas e as aulas que se proclame, como primeiras clasificadas do seu grupo, coa suma de puntos grupal das categorías masculina e feminina representarán á zona no campionato provincial.

 

Benavides explicou que este compoñente para converter un deporte individual, coma o cross, nunha actividade grupal constitúe un factor motivador para os rapaces, para algúns dos cales este será o seu primeiro contacto cunha proba deportiva a nivel competitivo e, de seguro será unha experiencia enriquecedora, subliñou.

 

Esta mesma proba zonal celebrarase o venres en Silleda, onde participarán tamén arredor de 800 escolares da localidade, de Lalín, Vila de Cruces, Agolada, Rodeiro e Dozón e competirán co mesmo obxectivo de clasificarse para o campionato provincial no que se darán cita os clasificados das 12 zonas que conforman a provincia, rematou.

 

Pola súa parte, o alcalde da Estrada, José López Campos, encargouse de pechar o acto ensalzando os valores deportivos e recalcando a necesidade á hora de favorecer aos eventos desta natureza por parte das administracións.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1