Concello e Augas de Galicia reuniranse mañá para elaborar un plan de control de vertidos

O Concello da Estrada e Augas de Galicia reuniranse mañá para elaborar un plan de control de vertidos e acabar cos problemas xerados polas depuradoras instaladas no rural, segundo informou hoxe o alcalde da Estrada, José López Campos.

 

Na reunión trataranse de cerrar as actuacións máis inmediatas e necesarias que levar a cabo nas depuradoras instaladas no rural e no EDAR a curto e medio prazo, despois da mellora levada a cabo o presente ano neste último.

 

Os traballos de mantemento nas depuradoras consisten no cambio de filtros para que non se obstrúan as reixas e o filtrado se produza correctamente, pero unha proposta axeitada sería a de ampliar o sistema de decantación ou a capacidade das tolvas, sinalou López.

 

Outra medida interesante, aínda que queda fóra do que se tratará mañá, podería ser a de elaborar un plan de saneamento integral para todo o territorio da Estrada, buscando zonas de depuración grandes e cun sistema de recollida máis eficiente, en lugar do sistema de microdepuradoras, pero esa sería unha medida a longo prazo, finalizou o alcalde.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1