Programación Cultural

O sábado 1 de decembro ás 21.00 horas "Son galego, son cubano" concerto de Roi Casal  e o domingo 2 ás 18.00 horas "NAVILAND, el musical de los Reyes Magos" de Sketch Eventos.

 

roicasal xira10anosSON GALEGO SON CUBANO


Roi Casal

DÍA: 1 de decembro
HORA: 21.00 h
XÉNERO: Música contemporánea
DURACIÓN: 90 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
LINGUA: Galego / castelán
ENTRADA: De balde (retirada previa de invitación)

Con textos poéticos de Xosé Neira Vilas, e unha mestura de artistas galegos e cubanos sobre o escenario, o arpista, compositor e cantante Roi Casal trae ao Teatro Principal o froito musical do achegamento entre a cultura galega e cubana.

Un concerto con sabor a bolero, a habanera e a conga pero tamén a foliada, a alalás e a pop; un concerto patrocinado polo programa Musigal da Deputación de Pontevedra, que serve para inaugurar os actos cos que o Concello da Estrada festexa o trixésino aniversario do Premio de novela Manuel García Barros. Reserva a túa entrada!

 

 

 

 

 

CARTEL NAVILANDNAVILAND, EL MUSICAL DE LOS REYES MAGOS


Sketch Eventos (Madrid)

DÍA: Sábado 2
HORA: 18.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Musical infantil de nadal
CATALOGACIÓN: Espectáculo infantil-familiar
DURACIÓN: 75 min
LINGUA: Castelán
ENTRADA: 10.00€ (entrada anticipada en Cultura e Tiko Doco)

Mony é unha cativa que o ten todo pero non é feliz. Nada lle fai ilusión, por iso este ano decidiu non escribirlles a carta aos Reis Magos. Para recuperar o espírito do nadal, emprenderá unha fantástica viaxe ao lugar no que viven os de Oriente. Nesa viaxe, Mony estará acompañada por unha divertida tropa de personaxes que farán da súa viaxe unha aventura inolvidable.

Un musical entrañable que ningún neno debería perderse e no que, ao remate poderá achegarlles a súa carta aos Reis Magos.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1