Oito empresas se disputan o contrato para os asfaltados da Estrada

O Concello da Estrada procederá mañá á apertura de plicas de cara á contratación das obras de asfaltado polas que compiten oito empresas. Un contrato global de arredor de un millón de euros dividido en dous lotes; 660.000 euros destinados a asfaltados rurais e 340.000 euros para o entorno urbano, segundo informou hoxe o alcalde da localidade, José López Campos.

 

Mañá abriranse os sobres A do proceso seleccionador, correspondentes aos criterios non medibles con fórmulas matemáticas, tales como o plan de traballo por parte das empresas, o número de traballadores adscritos á obra, e o coñecemento da mesma, que forman parte dos criterios cualitativos das ofertas presentadas, e que os técnicos municipais terán un prazo dunha semana para valorar.

 

Despois desta valoración abriranse os sobres que dan paso á análise cuantitativa, a través da cal se medirán os criterios matemáticos e numéricos de cada oferta para, contando cos resultados de ambas partes, adxudicar a intervención.

 

López indicou que se tentará deixar o proxecto adxudicado antes de rematar o ano con vistas a que as obras comecen en xaneiro.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1