II Gala do Deporte Concello da Estrada

O Concello da Estrada, por medio da Concellería de Deportes, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá, ten a honra de convidar a todos os estradenses a II Gala do Deporte Concello da Estrada, que se celebrará no Teatro Principal o xoves día 20 de decembro a partir das 20 horas, e que será un punto de reunión de todos os afeccionados o deporte na Estrada.

cartel gala deporte

 

 

Para  asistir  a  este  evento  é  preciso  retirar,  a  partir  do  mércores 12  de decembro, a correspondente invitación no departamento de deportes do Concello, no 4º andar. So se poden retirar como máximo tres invitacións por persoa, ata esgotar o aforo do Teatro Principal.

 

 

A II Gala do Deporte Concello da Estrada, na que se farán públicos os galardoados, estará conducida por Terio Carrera, que será o encargado coma o ano pasado de presentar as categorías e os nominados en cada unha delas.

 

 

Durante o acto, no que haberá unha actuación sorpresa, terá unha duración aproximada de 75 mimutos.

 

 

Animamos a todos os estradenses a acudir a este evento, que tentará ser unha festa do deporte local.

 

 

Descargar listado nominados.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1