O CIM da Estrada promove os valores de Xoguetes para a igualdade

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello da Estrada está a promover os valores da campaña Xoguetes para a igualdade, elaborada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

 

A campaña actúa baixo o lema “Xogamos iguais. Os xoguetes non teñen sexo” e pretende acabar coa dicotomía existente no imaxinario colectivo e que fai diferenzas entre xoguetes para nenos e xoguetes para nenas. Unha cuestión que só responde aos prexuízos dos adultos e que inculcan aos máis novos dende a primeira etapa da infancia, a pesar de que a priori non ten ningún sentido para eles.

 

O programa reúne dez puntos aos que cómpre prestar atención, como que non hai xoguetes nin cores de nenas e xoguetes nin cores de nenos, que é preciso escoller xoguetes que favorezan as relacións igualitarias e colaboradoras entre os nenos, que sexan educativos, que favorezan o desenvolvemento de sentimentos e afectos sen diferenzas de xénero, que os xunten e habiliten o compartimento de espazos ou que promovan as habilidades persoais dos cativos, entre outros.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1