Taboada y Ramos e Covsa propostas provisionais para a adxudicación das pavimentacións

13 Decembro 2018

O Concello da Estrada celebrou hoxe unha mesa de contratación da que as empresas Taboada y Ramos e Covsa resultaron elixidas como propostas adxudicatarias provisionais para as obras de pavimentación da localidade. A primeira delas encargaríase dos traballos de pavimentación no entorno urbano, mentres que a segunda faría o mesmo no entorno rural, segundo informou hoxe o alcalde, José López Campos.

 

A pavimentación no entorno rural conta cun orzamento de 657.000 euros e a do casco urbano, de 360.000, para as que López sinalou que se tentarán adxudicar de forma definitiva ao longo deste mes para comezar coas obras en xaneiro.

 

Por outra banda, o rexedor local afirmou que conta con que ao longo da semana rematen as actuacións pertencentes ao Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de 2018, posto que xa están rematadas as levadas a cabo en Nigoi e Tabeirós, e só restan as que se están a desenvolver estes días en Callobre.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1