O Concello da Estrada clausurou onte a actividade de arteterapia

O Concello da Estrada clausurou onte, nas instalacións da Asociación Galega de Artes, a actividade de arteterapia dirixido a persoas con discapacidade intelectual. Este taller de carácter anual reunía a unha media de 15 alumnos tres días á semana  durante as catro horas que duraba cada sesión, segundo informou hoxe a concelleira de Asuntos Sociais, Amalia Goldar.

 

arteterapiaGran Parte do alumnado aproveitou o acto de clausura para manifestar a súa satisfacción co curso e transmitir a petición de que se renove a actividade de cara ao vindeiro ano debido aos beneficios que lles aporta o taller, como a habilitación dun espazo onde relacionarse, interactuar e compartir valores.

 

A concelleira afirmou que é intención do Concello ofrecer unha nova edición da actividade e ten presentes estas peticións, xa que se trata dunha ferramenta integradora que ademais propicia que os familiares destas persoas con distintos graos de dependencia podan dispor dunhas horas para si.

 

A actividade de arteterapia estivo integramente sufragada con fondos municipais por valor de arredor dos 14.000 euros.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1