Programación Cultural

18 Decembro 2018

O sábado 22 de decembro ás 20.30 horas o Concerto de fin de ano da Banda Municipal e a Coral Polifónica Estradense e o domingo 23 ás 17.30 horas o Encontro de Coros parroquiais na Igrexa parroquial de San Paio.

 

 

concerto fin de anoCONCERTO DE FIN DE ANO

Banda Municipal da Estrada + Coral Polifónica Estradense + Coral Polifónica de Soutomaior

DÍA: sábado 22

HORA: 20.30 h

LUGAR: Teatro Principal

XÉNERO: Música coral

DURACIÓN: 60 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

ENTRADA: De balde (retirada previa de invitacións)

SINOPSE: Xa é un clásico do nadal estradense. O concerto de fin de ano interpretado pola Coral Polifónica Estradense, unha sección da Banda Municipal da Estrada e a Coral Polifónica de Soutomaior porá o broche musical ao ano 2018 cunha variada selección de fragmentos corais ambientados no nadal.

 

 

 

concerto coros parroquiais 2018

 

ENCONTRO DE CORAIS PARROQUIAIS

DÍA: domingo 23

HORA: 17.30 h

LUGAR: Igrexa parroquial da Estrada

XÉNERO: Música coral

DURACIÓN: 90 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

ENTRADA: De balde

 

SINOPSE: Outro clásico do nadal estradense. O concerto de noiteboa interpretado por unha ducia de coros pertencentes a distintas parroquias estradenses volverá encher a igrexa parroquial de panxoliñas e cancións recollidas do cancioneiro popular e litúrxico.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1