Á venda as 100 últimas entradas para a Gala de Nadal do Teleclub da comedia

Atópanse á venda as 100 últimas entradas dispoñibles para a Gala de Nadal do Teleclub da comedia que se celebrará hoxe, 27 de decembro, ás 21:00 horas no Teatro Principal. Poderán adquirirse a un prezo de 5 euros no Departamento de Cultura do Concello, no Café-Bar Boliche e na billeteira do teatro momentos antes do comezo do espectáculo.

 

A gala reunirá as actuacións dos artistas estradenses Chelo do Rejo, Manolo do Atlético, o mago Toño, Nono, Merjerita, Miguel Guido, o Padre Xiao e Pablo Chichas, que asumirá o papel de presentador do evento, ademais da actuación musical do trío conformado por Carlos Barruso, Héctor Martínez e Manuel Brey, que amenizará os espazos entre actuacións.

 

Despois do éxito colleitado na primeira gala o ano pasado, esta segunda edición repetirá a mesma receita, na que se amosará unha función dinámica e con enerxía, na que os monólogos curtos (de arredor de sete minutos e todos eles inéditos) se suceden con fluidez.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1