Poderase doar sangue na Estrada o 28 e 29 de decembro

27 Decembro 2018

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia acudirá á Praza do Concello da Estrada os vindeiros venres 28 e sábado 29 de decembro para que os veciños podan amosar a súa solidariedade e realicen as súas doazóns de sangue.

 

A unidade de extracción operará o venres en horario de 10:00 ás 14:00 horas da mañá e das 16:00 ás 21:00 horas da tarde e o sábado unicamente de mañá, das 10:00 ás 15:00 horas.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1