Aberto o prazo de inscrición para actividades de prevención da dependencia dos maiores

Atópase xa aberto o prazo de inscrición para as actividades de prevención da dependencia orientadas ás persoas maiores, que se manterá aberto ata o vindeiro venres 25 de xaneiro, segundo informaron hoxe fontes do Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada.

 

Para as actividades de xerontoximnasia, aeróbic de mantemento, taller de memoria e pilates é preciso que os solicitantes estean empadroados na localidade e sexan maiores de 50 anos ou estean en posesión dun certificado de discapacidade de grao igual ou superior ao 33 por cento en caso de ser menores de esa idade. Ademais, os grupos deberán de contar cun mínimo de dez participantes para o desenvolvemento das actividades nas parroquias.

 

O taller de músicoterapia xerontolóxica  realizarase soamente no casco urbano e estará dirixido a persoas maiores de 60 anos ou a persoas menores de esa idade cunha discapacidade de grao igual ou superior ao 33 por cento.

 

Á hora de matricularse nalgunha das actividades será preciso achegar a fotocopia do DNI xunto co certificado de discapacidade, de ser o caso, e a ficha de inscrición cuberta no Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.

 

Ficha inscrición "Actividades de prevención da dependencia 2019"

 

Ficha inscrición "Actividades de musicoterapia xerontolóxica como técnica psicomotriz para maiores de 60 anos"

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1