Os traballos de demolición da Praza do Concello comezarán a partir da vindeira semana

10 Xaneiro 2019

Os traballos de demolición do pavimento da Praza do Concello comezarán a partir da vindeira semana, segundo informou onte o alcalde da Estrada, José López Campos. Manteranse vías de acceso a parte da praza e á Casa Consistorial.

 

Paralelamente á demolición irase traballando no deseño do trazado das novas prazas que conformarán o futuro proxecto da alameda, para o que será preciso retirar algunha das árbores que se atopen no trazado proxectado e que serán replantadas nunha fase máis avanzada da reforma.

 

Estímase que a alameda conte con 107 árbores de cara ao final da obra, o que supón un incremento de 48 sobre as 59 actuais. Coa demolición do pavimento da praza tamén se retirará o muro perimetral pertencente á parte frontal do recinto, que será almacenado polo Concello con vistas a reutilizalo nalgunha outra actuación.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1