Concello, ACE e ACOE aproban por unanimidade a entrada dunha nova empresa ao Viveiro

10 Xaneiro 2019

O Concello da Estrada, a Asociación Comarcal de Empresarios (ACE) e a Asociación de Comerciantes (ACOE) aprobaron hoxe por unanimidade a entrada dunha nova empresa ao Viveiro. A aceptación produciuse despois de avaliar os diferentes criterios empregados para valorar a entrada de novas incorporacións.

 

viveiro empresas 2019A nova empresa do Viveiro, Instaclima G.M, adícase á instalación de condutos de aire e, segundo se  explicou trala valoración, posúe a intención de contratar a arredor de 30 traballadores orientados a ese perfil de montador de condutos de aire acondicionado. Un perfil que lles está custando atopar, pero que está a xerar postos de traballo.

 

Ademais, tamén se explicou que esta nova incorporación posúe contratos cunha gran empresa téxtil, e que os traballadores que se unan a ela terán que estar dispostos a desprazarse como montadores ás localizacións onde esa compañía vaia a realizar novas aperturas das súas tendas.

 

Paralelamente á resolución, o concelleiro de Emprego, Óscar Durán, informou de que a partir da vindeira semana abrirase un novo prazo de convocatoria para optar a ocupar os tres espazos do Viveiro de Empresas que están vacantes a día de hoxe. As condicións de acceso serán as mesmas que para os que xa ocupan as instalacións, que teñen servizos de reprografía, luz, calefacción, teléfono, Internet e limpeza por unha tarifa de 50 euros mensuais, a máis competitiva da contorna.

 

Estas tres prazas quedaron vacantes ao esgotarse o tempo de estadía máximo de dous anos de dúas das empresas e a saída voluntaria de outra, que se viu o suficientemente afianzada como para establecerse por si mesma.

 

As empresas que ocupan actualmente o Viveiro de Empresas son moRentals, En 2 Detalles, Coaching Co-Razón, Ibuprofeno Teatro, Actualizados Comunicación, Central Científica Galega e a avogada Andrea Arias Mato.

 

No caso de que existan máis solicitantes que prazas dispoñibles entrarán a formar parte do Viveiro aquelas que acaden as mellores puntuacións de acordo aos criterios de avaliación establecidos.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1