Concello consulta a veciñanza e empresas sobre preferencias de cara á formación laboral

14 Xaneiro 2019

O departamento de emprego do Concello da Estrada abre un novo procedemento para a achega por parte de todas aquelas persoas e empresas que así o desexen, de suxestións formativas para levar a cabo neste ano 2019, subvencionadas pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio.

 

A partida orzamentaria destinada a estas actividades viuse incrementada neste exercicio orzamentario ata chegar aos 10.000 euros.

 

O obxectivo a acadar con estas accións é adecuar a oferta de formación ao perfil dos nosos desempregados a fin de facilitar a súa inserción no mercado de traballo.

 

Trátase con esta iniciativa de escoitar de primeira man cales son as demandas de formación tanto das persoas en situación de desemprego como das empresas do noso municipio para deste xeito reunir sinerxías e adecuar as ofertas ás demandas.

 

Por isto, e tras a sinatura do convenio de colaboración entre o Concello da Estrada, a Fundación Cultural e a Asociación Comarcal de Empresarios; facemos un especial chamamento á participación no deseño da axenda formativa ás empresas e comercios do noso municipio.

 

O Concello da Estrada ven subvencionando diferentes cursos dende fai 8 anos (acompañante de transporte escolar, acompañante de comedor, prevención de riscos, traballos en altura e carretilla, entre outros). Na meirande parte dos casos, trátase de accións que repercuten directamente na obtención dunha acreditación profesional que permite a entrada no mercado de traballo de maneira inmediata.

 

É por isto, que un ano máis queremos implicar á nosa veciñanza na elaboración do calendario formativo 2019 polo que se abre un período de 10 días para que todas as persoas que desexen nos fagan chegar as súas demandas.

 

As persoas interesadas poden facérnolo chegar a través tanto das nosas redes sociais; no apartado contacto do noso portal de emprego (www.emprego.aestrada.com) ou a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1