Máis de 400 nenos disputarán o IV Campionato Infantil de Judo Concello da Estrada

16 Xaneiro 2019

Mais de 400 nenos disputarán o IV Campionato Infantil de Judo Concello da Estrada que se celebrará no pavillón de deportes Manuel Coto Ferreiro o vindeiro domingo 27 de xaneiro a partir das 10:00 horas, segundo informou hoxe o concelleiro de Deportes, Ismael Pena.

 

judo2019Abrirán o torneo a partir das 10:00 horas os participantes pertencentes ás categorías Alevín e Benxamín A, que competirán na modalidade de chan, mentres que os encadrados nas categorías Bemxamín B e Prebenxamín farano na modalidade de judo de pé a partir do mediodía, segundo apuntou o presidente e adestrador do Judo Club Base A Estrada, Xaquín Baldomir.

 

Está previsto que esta edición ronde os 450 participantes, número que non deixa de medrar ano tras ano debido ao incremento de clubs participantes. Nesta ocasión serán catorce, ademais do local, os que se disputarán o campionato. Deste xeito, o Judo Club Base compartirá o tatami co Judo Club Senín de Cambados, o Campolongo de Pontevedra, o Judo Club Pontevedra, o Colegio Manuel Peleteiro de Santiago, o Judo Club Terras de Santiago, o colegio Vilas Alborada de Santiago, a Universidade da Coruña, o Judo Club Oleiros da Coruña, o Ximnasio Master Gym de Villagarcía a Asociación Deportiva Ferrolterra, o Judo Muralla de Lugo, o Club Camino de Ames, o San Francisco de Teo e o club portugués Juviana, procedente de Viana del Castelo.

 

O responsable de Deportes sinalou que o Concello se sinte moi satisfeito co funcionamento do club; unha satisfacción que ten o seu orixe na acollida da escola por parte da xente, e que se traduce no incremento dos nenos que se apuntan á actividade cada ano e un funcionamento do club cuxo labor se viu reflexado na pasada Gala do Deporte, aclarou.

 

Para rematar, Baldomir explicou que os obxectivos do campionato son trasladar a nais e pais a importancia dunha iniciación na competición a curtas idades e publicitar un evento que se está a asentar como acontecemento indiscutible no judo galego que se celebra na localidade.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1