O Espacio Concilia da Estrada recibe a validación da Xunta de Galicia

18 Xaneiro 2019

O Espacio Concilia da Estrada recibiu hoxe a validación por parte da Xunta de Galicia que o recoñece como espazo de medidas municipais de conciliación, feito que o habilita á hora de optar a axudas e subvencións da administración autonómica, segundo informou a concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar.

 

Trátase dunha resolución que valida o lugar como unha medida de conciliación autonómica onde se desenvolve unha actividade que cumpre cos parámetros da Xunta á hora de prestar un servizo desas características e á vez, posibilita a participación á hora de pedir axudas e subvencións concedidas por esta.

 

Esta noticia énchenos de satisfacción, porque chega como unha confirmación do traballo ben feito, exclamou Goldar, que afirmou que é unha mágoa contar só con 45 prazas e non co dobre, porque é un servizo moi solicitado pola veciñanza, económico e accesible a todas as familias, con independencia do seu nivel de ingresos.

 

Dese xeito, o Concello mantén a aposta decidida por seguir traballando na mesma liña de actuación, sempre redundando no ámbito e beneficio familiar e dos menores. Seguir traballando na adopción de medidas que favorezan o asentamento da poboación e combatan ese despoboamento dos núcleos rurais. Unha aposta pola xente mediante a que podamos subministrarlles os mesmos servizos que terían nas grandes cidades.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1